Medio Rural destaca a Festa da Pataca de Vilar de Barrio como referente na promoción do produto local
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe á derradeira xornada da celebración, onde destacou a calidade do produto da comarca
Vilar de Barrio (Ourense), 11 de outubro de 2026
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á xornada de peche da Festa da Pataca de Vilar de Barrio, que destacou como evento de referencia para o sector agrario galego, estreitamente vinculada á promoción do produto local, da tradición, da gastronomía e do territorio.
O evento, inaugurado o pasado venres 9, contou con diversas actividades: dende xogos populares para a cativada e actuacións musicais ata relatorios, showcookings e degustacións que achegaron aos asistentes aos produtos galegos. Neste senso, o director destacou o protagonismo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia neste tipo de actividades e salientou a o labor da comarca da Limia na súa produción.
Neste contexto, cómpre destacar a nova identidade de promoción da Xunta, Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos alimentos galegos amparados por figuras de calidade diferenciada, poñendo o foco na súa calidade, orixe e vinculación co territorio.