Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia abordan os requisitos para edificar no solo rústico
A Dirección xeral de Urbanismo, xunto co Decanato do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, redacta unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e facilitar a implantación de usos no solo rústico
A Xunta suma un novo treito de senda na PO-308 en Poio, entre Fontenla e Combarro, cun investimento de 1,7 M€
O itinerario discorre pola marxe esquerda da estrada autonómica ao longo de case 1,7 quilómetros, e a actuación incluíu outras intervencións como unha pasarela sobre o arroio da Cancela ou un novo itinerario no viario de baixada á Seca
A Xunta recibe 14 ofertas para executar a conservación das autoestradas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos, cun investimento de máis de 9,1M€
Trátase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)
A Xunta dá luz verde ambiental a unha liña de media tensión no concello de Carral e outra nas pontes supeditadas ás exixencias dos informes sectoriais e das propias avaliacións de impacto
As dúas resolucións, que sairán publicadas proximamente no Diario Oficial de Galicia, inclúen condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as iniciativas poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna
A Xunta licita por máis de 435.000 euros as obras da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no Concello de Ourense
Manuel Pardo explicou que que o proxecto recolle as actuacións necesarias para a execución dunha pasarela peonil na contorna do punto quilométrico 1+000 da estrada OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos no que existe un estreitamento de calzada, co fin de mellorar a seguridade peonil nese ámbito
A Xunta encarga un estudo sobre o posible emprego en estradas de áridos procedentes da planta de Sogama
O contrato foi adxudicado por case 120.000 euros e terá unha duración de dous anos
A Xunta licita por 2,8 M€ as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao Seminario
Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen
A Xunta inviste máis de 60.000 euros na pavimentación dos camiños da Cernada e Abelleira, no concello das Neves
O Plan Marco deste ano deixou na comarca do Condado-Paradanta máis de 450.000 euros