Actualidade
Buscador de novas
Galicia e outras 12 rexións exixen ao Goberno central que lles envíe xa o informe sobre o estado do lobo para poder sometelo á aprobación das comunidades
Nunha carta dirixida ao secretario de Estado de Medio Ambiente, lembran que o prazo fixado para que o Ministerio enviara a documentación rematou o 15 de xuño
A Xunta anima a coñecer Galicia a través dos seus 54 sendeiros azuis e reivindica Sanxenxo como o municipio de España con máis rutas galardoadas
Ángeles Vázquez salienta que a comunidade galega lidera este ano a clasificación nacional de itinerarios azuis, que suman en total máis de 388 quilómetros
A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto para ampliar o parque eólico de Monciro, nos concellos de Pol e Castroverde
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada
A Xunta avala desde o punto de vista ambiental o proxecto de interese autonómico para a ampliación das instalacións de Coren en Ourense
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna, pero impón certas condicións para optimizar os resultados en cuestións como a integración paisaxística
Manuel Pardo chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
O delegado territorial da Xunta en Ourense presentou a campaña Por un San Xoán de 10!, na que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa de San Xoán
Belén do Campo informa do decálogo de boas prácticas para gozar dunha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
A delegada da Xunta en A Coruña visitou a praia da Ribeira, en Miño, para recomendar unha compra responsable, respectando os espazos naturais e recollendo os refugallos creados para depositalos nos contedores correspondentes
Martina Aneiros anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou da campaña Por un San Xoán de 10! que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa desta noite
A Xunta apoiará con case 60.000€ ao concello de Bergondo para levar a cabo o acondicionamento dun bosque autóctono de uso público no seu polígono industrial
A delegada da Xunta destacou que este proxecto recibe unha subvención dentro da nova orde Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o impulso de proxectos de fomento das infraestruturas verdes en espazos urbanos e periurbanos como ferramenta de acción a nivel local fronte aos efectos do cambio climático.
A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman máis de 10 quilómetros no Concello de Valga
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 16 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos