Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.059 novas da área temática Sanidade:

10/09/2025 | 13:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que o Proxecto YAM de prevención da conduta suicida na mocidade chegará este curso a 172 centros e ao dobre do alumnado, acadando os 10.000 estudantes

Incide nas políticas públicas que a Xunta desenvolve neste eido, cun Plan específico de prevención do suicidio, unha rede de unidades de prevención intensiva da conduta suicida e hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil

08/09/2025 | 11:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento e destino definitivo de pediatras de atención primaria e facultativos especialistas de área en postos de difícil cobertura

Resultan nomeados como persoal estatutario fixo 31 profesionais en diversas especialidades na categoría de facultativo especialista de área e 5 pediatras de atención primaria

08/09/2025 | 11:11 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a listaxe definitiva de aspirantes seleccionados para o ingreso na categoría de médico de urxencias hospitalarias

Desde a xornada de mañá ábrese un prazo de 10 días hábiles, do 9 ao 22 de setembro de 2025, para presentar a documentación requirida no proceso

06/09/2025 | 11:39 | C. de Sanidade

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores participa nun estudo que revela a expansión do mosquito tigre e doutras especies invasoras en España

Na investigación colaboran a Dirección Xeral de Saúde Pública e entomólogos da Universidade de Vigo

05/09/2025 | 12:54 | C. de Sanidade
04/09/2025 | 14:48 | C. de Sanidade

A Xunta insiste na necesidade de que o Ministerio de Sanidade permita formar máis médicos de urxencias para evitar un déficit de profesionais

O Ministerio limita a seis o número de prazas MIR asignadas a Galicia nesta especialidade médica, cando a previsión inicial era de 14 residentes por ano

04/09/2025 | 13:22 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o Plan Comunitario de Saúde de Teis como iniciativa pioneira de referencia na prevención das adiccións que promove a Xunta

A Consellería de Sanidade financia con 180.000 esta iniciativa, coordinada pola Dirección Xeral de Saúde Pública

04/09/2025 | 12:08 | C. de Sanidade
04/09/2025 | 11:56 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde convoca 2.195 prazas en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e de sanitario de formación profesional

A Administración sanitaria oferta 784 prazas en diferentes categorías de persoal de xestión e servizos e outras 1.411 para persoal sanitario de formación profesional

04/09/2025 | 10:16 | C. de Sanidade

Máis do 67 % dos cancros de próstata detectados co proxecto piloto de cribado impulsado pola Xunta na área sanitaria de Ferrol identificouse en fases iniciais

O obxectivo do proxecto é mellorar o diagnóstico precoz desta enfermidade, que causa 500 mortes ao ano na comunidade