Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.829 novas da área temática Economía:

17/03/2025 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a aprobación do Plan director da automoción 2025-2027, que contará cun sistema de control e análise continua do seu impacto no sector

Subliña que a nova folla de ruta “estará dotada de 230 millóns de euros ata 2027” para impulsar un sector “que está a vivir a súa propia revolución industrial”

17/03/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo

Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas

16/03/2025 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que está aberto o prazo de solicitudes para a dinamización e rehabilitación das prazas e mercados

A orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dotada 3,3M€ oriéntase a ampliar a rede de Mercados Excelentes

15/03/2025 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta súmase á conmemoración do Día Mundial dos dereitos dos consumidores con puntos informativos para a cidadanía nas sete grandes cidades

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia achegará as ferramentas que a administración autonómica pon ao dispor das persoas para asesorar, acompañar e axudar a restituír os seus dereitos neste ámbito

14/03/2025 | 16:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana critica a “xenofobia empresarial” que rexeita “por principio e por capricho” calquera proxecto industrial e enerxético

“Reclamar traballo en Galicia e rexeitar ao mesmo tempo os proxectos enerxéticos é unha flagrante contradición. Máxime nestes tempos nos que a enerxía barata, que durante moito tempo sostivo o desenvolvemento europeo, desaparece”, afirma

13/03/2025 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso

José González recoñeceu o labor do presidente executivo de Redegal, Jorge Vázquez, premiado este ano, e destacou a contribución da empresa ourensá a situar a nosa Comunidade na vangarda dixital e tecnolóxica

12/03/2025 | 16:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma en Vigo o seu compromiso coa innovación e a loxística para fortalecer a economía galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira edición de Shape Future Galicia e na Xornada de Solucións Tecnolóxicas para Cadenas Globais de Valor

11/03/2025 | 14:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel da Xunta como canle alternativa de financiamento para apoiar o fortalecemento das empresas galegas

Sinala que esta compañía “engloba toda a cadea de valor da propia fabricación pero tamén da innovación e a comercialización”

08/03/2025 | 14:11 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o éxito do Programa Renova o teu vehículo que xa esgotou o crédito para particulares nun mes e medio

Lembra que aínda hai fondos dispoñibles para empresas e autónomos interesados en acceder a estas axudas