Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.709 novas da área temática Educación:

28/10/2025 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita a alumnos, docentes e centros de FP pola súa implicación nas GaliciaSkills 2025, que incrementan a súa participación nun 32%

O conselleiro de Educación anímaos a dar o mellor de si mesmos nesta competición, da que sairán os representantes de Galicia no certame nacional SpainSkills 2026

27/10/2025 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a importancia da colaboración entre Galicia e o norte de Portugal en materia de I+D+i para reforzar os proxectos europeos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga

27/10/2025 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo mantén a primeira reunión institucional co novo alcalde de Fisterra tras o seu nomeamento

Durante a xuntanza, analizaron os principais asuntos de interese para o municipio de cara ao remate da actual lexislatura, así como o estado das diferentes actuacións comprometidas pola Xunta de Galicia neste concello

27/10/2025 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforma as ramplas de acceso do CEIP Pedro Antonio Cerviño para mellorar a súa accesibilidade

Esta actuación contou cun investimento da Xunta de preto de 25.000 euros

27/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2026 arredor de 1.500 prazas de profesorado, o que afianzará a mellora progresiva de ratios co reforzo de docentes pese a caída de alumnos

Román Rodríguez detalla que estas contas, que medran ata os 3.090 M€, un récord que representa o “compromiso político” coa educación e a I+D+i “como piares para asegurar o benestar das persoas e o progreso social e económico de Galicia”

27/10/2025 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta a formación desenvolvida no CIFP Santa María de Europa como garante da atención ás necesidades de talento do tecido produtivo

O delegado destacou a aposta da Xunta por formar e reter talento atendendo ao que demandan as empresas galegas, combinando —no exterior— a atracción de talento planificada e —no interior— unha formación para o emprego flexible

27/10/2025 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa a escolares de Santiago os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o CPR Compañía de María para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas deste programa autonómico

26/10/2025 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 250 estudantes demostrarán o talento da formación profesional galega no 8º Campionato GaliciaSkills 2025

Celébrase os días 28, 29 e 30 de outubro no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda

26/10/2025 | 10:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta levará o programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a máis de 90 de centros secundaria para fomentar a elección profesional libre de prexuízos de xénero

O Goberno galego vén de publicar a lista de beneficiarios da 4ª edición desta iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

25/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa en Lalín proxectos por importe de 42 M€, dos cales preto de 15 M€ están consignados nos orzamentos de 2026

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o inicio da ampliación do Instituto Aller Ulloa, cun investimento de case 3M€ para un módulo destinado á FP