Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina unha axuda extraordinaria de 60.000 euros para o Club Remo Puebla polo incendio do pasado xaneiro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a concesión deste apoio que permitirá ao club seguir coa súa participación nas diferentes competicións e continuar co fomento da práctica do deporte do remo
Rueda anuncia que a Xunta actualiza os protocolos para tomar medidas no ámbito educativo e deportivo ante unha alerta meteorolóxica
Destaca que a principal novidade é o que se establecen unha serie de “criterios” para adoptar “diferentes decisións” en función do tipo e nivel de alerta decretado
Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co Froiz, “o mellor equipo da historia do ciclismo amateur español”
Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa de Ciclocrós celebrado en Pontevedra e á que contribuíron Miguel Rodríguez e Aroa Otero
Lete une a filosofía do camiño coa marcha ‘Ultreia’ organizada polo Diario de Pontevedra que cada ano incrementa os seus “peregrinos”
A marcha, que reuniu a máis de medio milleiro de participantes en 2024, une Tui e Pontevedra nunha ruta de 52 quilómetros
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
A Xunta renova o seu compromiso como patrocinador principal do Mundial de Motocross que se celebrará en Lugo
O acordo anunciouse hoxe nunha xuntanza na Delegación Territorial con representantes das entidades organizadoras, Motopark e Last Lap
Lete Lasa subliña a unión da formación e do deporte como un “binomio imbatible” na presentación dos Campionatos Galegos Universitarios 2025
Sinala a aposta pola vida activa dende as idades más temperás como demostra o Programa Xogade que xa chega a 150.000 mutualizados entre 6 e 16 anos
Rueda anuncia a licitación da reforma do estadio Anxo Carro e remarca o compromiso da Xunta co fútbol galego
A intervención consta dun investimento de 3,8 M€ e permitirá reformar as principais bancadas do complexo deportivo