Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 770.000 euros as obras de mellora para reducir o risco de inundación do río Fontecova, en Viveiro
A actuación está destinada a mellorar a capacidade hidráulica do leito do río e a evitar asolagamentos no núcleo da Tafona
A Xunta actuará este ano en preto de 300 quilómetros de canles fluviais para garantir un bo estado de conservación e previr o risco de asolagamentos
Ángeles Vázquez subliña que esta planificación inclúe tarefas ordinarias e preventivas de mantemento dos ríos, como a retirada de obstáculos, o control e xestión de vexetación ou a eliminación de especies exóticas invasoras
A Xunta ratifica a presenza de metais pesados na auga de acometidas municipais de Beade, en Vigo, e empraza a garantir as condicións sanitarias de consumo
As novas mostras recollidas por Saúde Pública confirman que se superan os límites establecidos en varios puntos da rede da Zona de Abastecemento de Quintián-Vigo
A Xunta e o concello de Mos colaborarán na mellora dos sistemas de saneamento en varias parroquias
As actuacións acometeranse no camiño da Torroeira, en Costa Redonda, e na contorna da N-550 ao seu paso pola parroquia de Santa Eulalia de Mos
Ángeles Vázquez salienta a importancia de auditar as redes municipais de abastecemento e saneamento para identificar as actuacións precisas para a súa mellora
Anima ás administracións locais a solicitar as axudas que Augas de Galicia ten previsto convocar nos vindeiros días para apoialas no desenvolvemento destas diagnoses cun orzamento global de 700.000 euros
A Xunta programa unha proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación da presa da Ribeira das Pontes para o vindeiro 25 de febreiro
A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
A Xunta recupera a contorna do sendeiro tradicional da ‘Gabia dos Ánxeles’, en Boimorto, cun investimento de máis de 25.000 euros
Augas de Galicia financiou os traballos na zona, que incluíron a limpeza das marxes, a instalación de pasarelas, de elementos de sinalización e arranxos dos firmes, así como da canle do muíño existente na zona
A Xunta e o concello de Oia avanzan no estudo de solucións para mellorar o saneamento na localidade
A conselleira e a rexedora avaliaron tamén as posibilidades que ofrecen outras achegas como as dirixidas a impulsar solucións naturais fronte ao cambio climático
Ángeles Vázquez pon en valor a efectividade das actuacións levadas a cabo pola Xunta en Carballo para previr asolagamentos
A Xunta investiu máis de 6,3 M€ en cinco proxectos de grandes dimensións para mellorar a capacidade de desaugue do río e reducir asolagamentos na zona urbana da localidade, que é área de risco potencial significativo de inundación (arpsi)
Ángeles Vázquez informa á alcaldesa de Trazo das liñas de axudas ás que poden acollerse os concellos en materia de augas e xestión de residuos
A conselleira e a rexedora avaliaron tamén as posibilidades que ofrecen outras achegas como as convocadas para a preservación do patrimonio natural en espazos protexidos ou as dirixidas a impulsar solucións naturais fronte ao quecemento global