Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 372 novas da área temática Facenda:

11/02/2026 | 19:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica o papel das comunidades no próximo marco financeiro plural da UE na Conferencia para asuntos relacionados coa Unión Europea

O conselleiro de Presidencia Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa por videoconferencia na 66ª Reunión plenaria da CARUE, onde criticou que tras case catro anos sen celebrarse este encontro non fose presidido polos ministros de Política Territorial e de Asuntos Exteriores

10/02/2026 | 12:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos garante o compromiso co tecido empresarial galego para que poida seguir medrando, innovando, modernizándose e xerando emprego de calidade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto sobre a situación do financiamento público na Comunidade do Círculo de Empresarios de Galicia

06/02/2026 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca que as bonificacións en vivenda aprobadas pola Xunta desde 2016 permitiron aos galegos un aforro total de case 227 M€

Resaltou que, no seu primeiro ano de vixencia, 2.000 contribuíntes xa se beneficiaron tamén da redución do Imposto de Sucesións para parentes do grupo III

05/02/2026 | 14:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A ATRIGA destaca o seu compromiso para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias e o esforzo na loita contra a fraude fiscal

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont, inaugurou esta mañá as XIV Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade

05/02/2026 | 13:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia conta cun marco normativo sólido comprometido coa calidade dos servizos públicos para facilitar as xestións da cidadanía coa Administración

Reducir as cargas burocráticas á cidadanía, potenciar os procedementos sen solicitude previa ou deseñar o futuro modelo do emprego público son algúns dos obxectivos do Plan de Calidade dos Servizos do sector público autonómico

29/01/2026 | 12:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo das características e necesidades de Galicia

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe na apertura do VII Foro Rexional do ISMS Forum

27/01/2026 | 12:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A condonación da débeda e o modelo de financiamento autonómico propostas polo Goberno central supoñen un prexuízo para os galegos de case 1.000 M€

A Comunidade galega pasaría a estar peor financiada que nunca, ao situarse por riba da media os territorios con maior capacidade recadatoria

21/01/2026 | 15:10 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos pon en valor o compromiso dos profesionais contables para actualizar coñecementos e achegar certezas ao tecido empresarial

O conselleiro de Facenda e Administración Pública clausurou o III Encontro de Expertos Contables

16/01/2026 | 15:05 | A Presidencia da Xunta

Rueda asegura que o novo modelo de financiamento rompe “principios irrenunciables” como a solidariedade e a igualdade entre comunidades

“No caso de Galicia, somos aproximadamente algo máis do 6,5% da poboación axustada de España e na nova repartición non chegariamos nin ao 3% dos recursos, por tanto todo o mundo entenderá que isto non o podemos aceptar”, explica

15/01/2026 | 20:52 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda critica que o novo modelo de financiamento autonómico vulnera o principio de igualdade entre territorios e prexudica gravemente a Galicia

Reivindica a vixencia das reclamacións recollidas na Declaración de Santiago, asinada en 2021 por 8 comunidades autónomas de distinto signo político