Actualidade
Buscador de novas
A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar
Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron premiados a ourensá Alba Guzmán Falcón, o coruñés Santiago Sánchez Villarino e a veciña de Pantón Carla López Otero
A Xunta conmemorará o 17 de maio tamén desde o ámbito deportivo coa IX carreira Camiño das letras
Celebrarase con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que recorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, no propio contorno do Gaiás
A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023
Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega
Arredor de 1600 estudantes de secundaria participan na XXXI edición do Rally Matemático sen Fronteiras apoiado pola Xunta
Gañaron os equipos do instituto IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, do colexio Sagrado Corazón Placeres de Pontevedra, do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras e do IES María Casares de Oleiros e irán á final internacional en Toulouse
As probas Celga arrancarán o próximo 13 de maio simultaneamente en Santiago e Ponferrada
Os exames para obter o Celga 4 serán os días 13 e 14 de maio, para os Celga 3 e 2 o 20 e 21 do mesmo mes, respectivamente, e para o Celga 1, o 3 de xuño
A Xunta e a Fundación Castelao asinan un acordo para a instalación dunha sede no Gaiás onde realizar actividades divulgativas e culturais
O titular de Cultura do Goberno galego, Román Rodríguez, encadra esta colaboración no propósito de “avanzar nun maior coñecemento do legado de Castelao”, lembrando tamén o obxectivo de consolidar o Gaiás como “rótula do sector cultural galego”
O Proxecto Nós intensifica o traballo pola inclusión do galego na intelixencia artificial
A iniciativa presentará nos próximos meses os primeiros resultados
A Xunta e Casio presentan a nova calculadora científica que inclúe por primeira vez a configuración en lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto para dar a coñecer o modelo da calculadora ClassWiz en galego co gallo do seu décimo aniversario
Valentín García destaca “a importancia que supón a incorporación da lingua galega ás tecnoloxías, implicando neste caso á comunidade científica”
A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns da II edición do seu certame para estudantes de ESO e Bacharelato
Na categoría individual foron para os institutos IES As Barxas de Moaña e o IES Castelao de Vigo polos traballos de Patricia Fernández e Alexandre Faria