Actualidade
Buscador de novas
A Xunta desenvolverá na Illa de Ons un proxecto de rehabilitación para recuperar a capela de San Xaquín
O Goberno galego licitará nos vindeiros meses esta actuación, que contará cun investimento estimado de 170.000€
A Xunta e o Concello de Vilarmaior avalían o proxecto para mellorar o abastecemento de auga no municipio
O persoal de Augas de Galicia está a revisar o proxecto para dotar deste servizo de abastecemento ás parroquias de San Pedro de Grandal e Santa María de Doroña, que teñen unha poboación de preto de medio milleiro de habitantes
Ángeles Vázquez anuncia que o primeiro Centro de Protección Animal de Galicia estará en Curtis e dará servizo a concellos de menos de 5.000 habitantes
Este centro para a protección e acollida de animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos ten como obxectivo reforzar a nivel autonómico o labor desempeñado polas administracións locais e as entidades sin ánimo de lucro
Manuel Pardo supervisa as actuacións de recuperación nos elementos representativos da etnografía tradicional do Concello de Parada de Sil
O delegado territorial explicou que estas actuacións se enmarcan na orde de axudas para a conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede de reservas de biosfera de Galicia, nas que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 30.000 euros
Galicia e Euskadi poñen en valor a xestión autonómica do litoral e intercambian ideas para compatibilizar a protección ambiental e o desenvolvemento da costa
Abordaron os procedementos deseñados para levar a cabo a xestión do litoral ao facerse efectivo o traspaso de medios, servizos e funcións, que no caso de Galicia, será o vindeiro 1 de xullo
Galicia comparte cos socios do proxecto ‘Green Gap’ a súa experiencia na adopción de medidas para impulsar os espazos verdes nas áreas urbanas e rurais
Enrique de Salvador pon en valor o traballo realizado pola Xunta para promover as infraestruturas verdes locais co fin de restaurar a biodiversidade, renaturalizar espazos e deseñar paisaxes resilientes ao cambio climático
A Xunta incorpora á súa oferta turística a reserva ecoturista da España Verde para reforzarse como destino sostible
O director de Turismo de Galicia presentou esta iniciativa que só en Galicia inclúe 32 experiencias temáticas e a participación de máis de 100 empresas
A Xunta destina 65 M€ ao impulso dun modelo acuícola galego competitivo e respectuoso co medio
O conselleiro reivindica que a UE debe favorecer a este sector, no marco do Pacto Verde Europeo, cuxa actividade é estratéxica para a economía da comunidade
A Xunta creará unha bolsa para o intercambio de residuos e subprodutos entre empresas co fin de aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles
Este instrumento para axudar ás empresas constituirase ao abeiro dun dos grupos de traballo previstos dentro da Oficina de Economía Circular Industrial e o obxectivo é que se poña en marcha ao longo do próximo ano
A Xunta e o Concello de Rois destinan preto de 325.000 € á construción dunha nova edar no núcleo de Sorribas para mellorar o saneamento na localidade
Ángeles Vázquez explica que a previsión é que esta nova infraestrutura estea rematada no segundo semestre do vindeiro ano 2026 e que dea servizo a unha poboación de preto de medio cento de veciños