Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 729 novas da área temática i+D+i:

23/01/2023 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o convenio entre Telespazio e a Universidade de Vigo é un exemplo das simbioses que xera o Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do acordo mediante o cal a multinacional colaborará, entre outros aspectos, na posta en marcha dun máster dual en Información Geoespacial

20/01/2023 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ames a importancia da diversificación para impulsar a mellora competitiva do tecido empresarial

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Alfonsín Digital, empresa de Bertamiráns especializada no sector audiovisual que, grazas ao programa Galicia Inviste, implementou a tecnoloxía HDR Dolby Vision

18/01/2023 | 14:23 | C. de Sanidade

O Hospital Universitario de Pontevedra conta coa primeira unidade acreditada a nivel nacional para consulta monográfica de trastornos do movemento

O recoñecemento do Grupo de Estudo de Trastornos do Movemento da SEN sitúa este centro como hospital de referencia

18/01/2023 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o Observatorio da Industria Aeroespacial será clave para identificar novas oportunidades para os vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na clausura da Asemblea Xeral Extraordinaria do Consorcio Aeronáutico Galego

17/01/2023 | 10:57 | C. de Economía e Industria

Abre o prazo para participar na segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes Galicia Avanza

A Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) danlle continuidade a este programa, do que se beneficiaron xa 30 empresas no 2022

16/01/2023 | 13:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda ratifica o apoio da Xunta ás pemes co investimento de 11 M€ en centros de fabricación avanzada que reforzan a competitividade con infraestruturas compartidas

Referenda o compromiso do Goberno galego cos proxectos estratéxicos previstos para Ferrolterra e demanda ao Goberno central unha aposta clara pola comarca na asignación dos fondos europeos

10/01/2023 | 10:40 | C. de Sanidade

A Xunta publica a orde pola que se crea a Rede de centros de simulación clínica avanzada do Sistema Público de Saúde e o seu Consello Técnico Asesor

Nos centros do Sergas existe, neste momento, distinto equipamento e espazos dedicados á simulación médica, e realízanse distintas actividades formativas dentro da súa programación

04/01/2023 | 12:13 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio e facer predicións e simulacións con intelixencia artificial

O Xemelgo Dixital é un dos tres proxectos galegos que forman parte das primeiras iniciativas emblemáticas seleccionadas polo Goberno para o Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH)

02/01/2023 | 12:15 | C. de Facenda e Administración Pública