A Xunta avalía con Fujitsu o novo computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica con representantes de Fujitsu España

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica director xeral de Produto de Fujitsu España, Gonzalo Romeo, e coa directora xeral de Sector Público de Fujitsu España, Patricia Urbez, para avaliar o novo computador cuántico que vai albergar o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

Conde, que estivo acompañado polo director do Cesga, Lois Orosa, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou que este computador, do que Fujitsu acaba de ser adxudicataria,  estará aberto á investigación e á innovación tanto no ámbito académico como empresarial.  

As tecnoloxías cuánticas actuarán como elemento tecnolóxico disruptivo para contribuír ao desenvolvemento económico en practicamente todos os sectores ao dar lugar a aplicacións e avances en medicina, medio ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións ou finanzas, entre outros. Estes avances están relacionados coa potencial capacidade e velocidade de procesamento dos ordenadores cuánticos, capaces de resolver problemas computacionais en moi pouco tempo en relación cos superordenadores clásicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2023