Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.345 novas da área temática Igualdade:

18/11/2024 | 18:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende o traballo conxunto das administracións na prevención e sensibilización contra a violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de xénero participou na apertura do encontro ‘No estáis solas’  que analiza o papel da xustiza nesta materia

18/11/2024 | 18:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convida á sociedade galega a participar na andaina contra a violencia de xénero ‘Camiño ao respecto’, que se celebrará o domingo 24 de novembro en Santiago

As persoas interesadas en tomar parte no percorrido, que sairá do Monte do Gozo en dirección á Praza do Obradoiro, xa poden formalizar a súa inscrición

17/11/2024 | 09:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura aposta polo fomento da creación artística en familia como ferramenta de sensibilización contra as violencias machistas

Posiblemente é un obradoiro que incentiva o respecto e a igualdade entre todos os membros da familia e promove a expresión en conxunto por medio da arte

16/11/2024 | 14:38 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza os 45 anos de traballo de FAXPG pola plena inclusión e integración das persoas xordas

Destaca a intensa colaboración entre a Xunta e a entidade para  promover a accesibilidade nos servizos públicos

16/11/2024 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade
15/11/2024 | 17:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebra os 30 anos de traballo e dedicación de Aspamite no coidado e atención ás persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade asistiu ao acto de conmemoración da entidade e agradeceu o seu traballo

15/11/2024 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta conmemorará o 25N con 300 actividades centradas na sensibilización da mocidade en torno á violencia de xénero e o bo trato nas relacións

Fabiola García enxalza o traballo diario que realizan os CIMS, unha entrega que “é de xustiza blindar e poñer en valor” e que conforma unha rede “vital e única” na promoción da igualdade e na atención á violencia de xénero

14/11/2024 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa actividades de promoción da igualdade nos concellos rurais cunha achega de preto dun millón de euros ás Anpas

A directora xeral de Promoción da Igualdade participou no faladoiro proxecto Sementando Igualdade que organiza a Anpa do CEIP Cerdeiriñas de Piloño

13/11/2024 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza as xornadas ‘Conectadas e seguras’ para abordar a violencia de xénero no eido dixital desde diferentes perspectivas

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero inaugurou este encontro que contou coa voz de varios expertos que expuxeron as súas experiencias