Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a volta ciclista a Galicia como unha proba consolidada no calendario nacional na categoría elite sub-23
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación da XXII edición da competición, que entre o 12 e o 15 de setembro contará con 126 deportistas de 18 equipos para percorrer catro etapas cun total de case 455 quilómetros nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra
Xosé Merelles refírese ao apoio que ofrece a Xunta á dinamización turística na Coruña, que se reforza esta fin de semana coa celebración do Recorda Fest
O director de Turismo e a delegada da Xunta na Coruña participan na presentación do festival que prevé reunir unhas 20.000 persoas desde o venres
O 60% dos rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos de Galicia xa participan no programa Xogade que vén de iniciar a súa 16ª edición
Na tempada 2023-2024 acadouse a cifra de preto de 148.000 escolares de entre 6 e 16 anos inscritos e de preto de 185.000 participacións
A Xunta aposta polo potencial de Galicia para converterse nun referente do turismo náutico "sostible e de calidade" co seu apoio ás competicións deportivas
O Monte Real Club de Yates de Baiona acolle do 6 ao 8 de setembro o Trofeo Príncipe de Asturias, unha das tres competicións náuticas máis importantes de España
Preto de 80 nenos e nenas participan nas actividades sociodeportivas que a Federación Galega de Fútbol promove en Narón a través do Plan Corresponsables
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá a iniciativa que se levará a cabo durante os meses de setembro, outubro e novembro no campo de fútbol de Río Seco e no pavillón das Lagoas
A Xunta colabora con preto de 450.000 euros do Fondo adicional na mellora das instalacións deportivas de oito municipios de Ferrolterra
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución destas axudas durante unha visita ás pistas de pádel e ao campo de fútbol 5 de Ortigueira onde se van a subministrar proxectores de tipo LED con cargo a esta convocatoria
O Plan De Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta acada o seu maior orzamento rexistrado, con preto de 3,8 millóns de euros
A Fundación Deporte Galego vén de abrir a segunda fase que contará cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros e 126 equipos convidados
Medio Rural salienta os produtos agroalimentarios galegos con certificado de calidade durante a Vuelta Ciclista no seu paso por Lugo
A conselleira, María José Gómez, puxo en valor os beneficios que outorga unha alimentación baseada nos produtos da nosa terra