Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.745 novas da área temática Emprego:

24/09/2025 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña as posibilidades da intelixencia artificial como panca de competitividade e emprego para Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo no panel sobre Presente e oportunidades da Intelixencia Artificial no marco do evento Galia Tech, onde salienta que a IA permitirá ás empresas galegas ser máis eficientes e diferenciarse nos mercados internacionais

23/09/2025 | 14:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta á cooperativa El Plantel Comarcal de Betanzos para apoiar ao sector gandeiro e agrícola da comarca

A representante do Goberno autonómico destacou que Xunta de Galicia mantén un firme apoio ás cooperativas agrarias a través de diferentes liñas de axuda e lembrou que nos últimos 3 anos esta entidade recibiu máis de 223.000 euros para apoiar as súas iniciativas

23/09/2025 | 14:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Cambre o papel dos obradoiros de emprego para formar profesionais e responder á crecente demanda no sector dos coidados

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Cambre no acto de clausura do obradoiro de emprego dual, ao que o Goberno galego concedeu preto de 442.000 euros, incluíndo incentivos á contratación

23/09/2025 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta prepara a quinta edición do programa Responsabilízate tras beneficiar preto de 700 empresas con esta iniciativa pioneira en España

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe en Vigo na inauguración da ‘Xornada Corresponsables 2025’ en Galicia, onde destacou este programa que avoga pola sustentabilidade en pemes e microempresas

22/09/2025 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia unha nova Lei de cooperativas para impulsar actividades estratéxicas e simplificar trámites a través da dixitalización e a transparencia

Salienta a necesidade de adaptar a normativa vixente -que ten case 30 anos- “á realidade legal, social e económica actual”

22/09/2025 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Rábade os premios da 6ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Lugo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes

21/09/2025 | 11:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará a próxima semana en Estados Unidos os lazos coa comunidade galega deste país e as medidas de apoio ao retorno

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Miami o vindeiro 24 de setembro, onde se reunirá con persoas da colectividade galega e de empresas galegas radicadas en EEUU

20/09/2025 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector

José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado