A Xunta compromete o seu apoio ao XXV Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo

Vigo, 23 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha xuntanza co alumnado da Universidade de Vigo que organizará unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego. A representante autonómica comprometeu a colaboración do Goberno galego co evento que celebrará o 24 e 25 de febreiro a súa 25 edición. O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha asociación sen ánimo de lucro conformada por estudantes das Escolas de Enxeñería de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2025