Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.800 novas da área temática Mar:

18/05/2025 | 14:34 | C. do Mar

A Xunta colabora coa asociación ‘Os Patexerios’ na elaboración da peza audiovisual 'Mulleres ao son do mar’ sobre o papel feminino no sector da pesca

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro situou a Carpintería de Ribeira como unha das expresións máis singulares do patrimonio marítimo galego caracterizada pola combinación de sabedoría técnica e a sustentabilidade

17/05/2025 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

A Xunta e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento do proxecto ‘Biorock’ para o estudo da mellora do crecemento do mexillón

O conselleiro do Mar subliñou que o obxectivo é poñer en marcha novos métodos para aumentar a fixación larvaria do mexillón, potenciar o seu crecemento, a reprodución e a súa supervivencia

16/05/2025 | 15:37 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca ao sector conserveiro galego coma referente da economía e representante da marca Galicia Calidade polo mundo

Salienta que a cadea mar-industria “crea riqueza no territorio” grazas aos recursos mariños, “pero sen aproveitarse deles”

16/05/2025 | 14:27 | C. do Mar

Publicada no DOG a orde para seleccionar a entidade colaboradora na xestión do Bono Peixe

As firmas interesadas teñen 5 días naturais para formalizar a solicitude e a Consellería 15 para a selección e notificación, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación

16/05/2025 | 13:42 | C. do Mar

Villares destaca o potencial da acuicultura de moluscos, sector no que Galicia é líder entre todas as rexións europeas

Os últimos datos revelan que a comunidade produciu 748 toneladas deste bivalvo que supuxeron unha facturación de máis de 9M€

16/05/2025 | 10:11 | C. do Mar

Galicia expón na sesión plenaria da REGP a xestión dos GALP como axentes dinamizadores dos territorios costeiros

No marco da última convocatoria para o trienio 2025-2027, ao abeiro do Fempa e cunha axuda pública de 14,6 M€, presentáronse na comunidade 255 proxectos para o desenvolvemento local participativo

15/05/2025 | 18:26 | C. do Mar

A Xunta contribúe á rexeneración da Ría de Cedeira coa semente de 3.000 unidades de ourizo de mar

O proxecto ten por finalidade recuperar a biodiversidade e os ecosistemas naturais, aumentar a densidade e o stock desta especie, ademais da repoboación e conservación dos bancos ouriceiros, co fin de mellorar a xestión da explotación deste recurso

15/05/2025 | 15:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca en Stolt Sea Farm que o emprego industrial crece en Galicia por riba da media nacional

A Comunidade pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no mesmo período de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica