Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu en Lousã, no distrito de Coimbra, ao encontro ‘Paisaxes naturais e desenvolvemento sostible’
A Xunta destaca o carácter pioneiro dos equipos batracio de prevención de incendios, ideados e desenvolvidos polo persoal propio
María José Gómez quixo poñer en valor o equipo humano que está detrás de cada unha destas unidades e recoñecer a condición do servizo galego de referente mesmo internacional
A consellería do Medio rural destinou preto de 55 M€ desde 2016 para o fomento de 24.500 novas hectáreas de coníferas e frondosas
Así o sinalou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento
Medio Rural aposta pola formación do persoal para fortalecer a capacidade do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
A Dirección Xeral de Defensa do Monte vén de rematar unha acción formativa dirixida a brigadas de bombeiros forestais centrada no manexo de lume técnico e especializada en lumes de vento
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta identifica o presunto autor dun lume en Arteixo
Tras un traballo de investigación dende que se produce o incendio o pasado 12 de maio, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial
A Xunta prohibe dende este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste xoves, 30 de maio
A Xunta aproba o Pladiga para o 2024 que amplía a videovixilancia nos montes para cubrir o 85% do territorio galego
Rueda resalta que vanse incoporar “24 novas cámaras en 12 localizacións” ata chegar a un total de 177
Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba
As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial