Actualidade
Buscador de novas
A Xunta promove o gusto da cativada polo cinema cunha edición de Pequefilmes na que se proxectarán no Gaiás 65 curtas dunha vintena de países
Haberá dúas seccións por idades: ‘Vagalumes’, dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos e ‘Vacalouras’, para maiores de 4 anos
O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro, da autoría de Xosé Ramón Freixeiro, publicado co gallo do centenario do nacemento de Barros
A cantora galaico-portuguesa María do Ceo celebra os seus 25 anos de carreira cun disco dedicado a Galicia e á lingua galega
‘Galicia Nai’, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, é o décimo sétimo traballo da intérprete de Porto e está composto por 12 poemas de autores e autoras da terra
O Centro Dramático Galego programa en Santiago seis producións propias e coproducións ata abril
Os textos gañadores da Bolsa de Dramaturxia protagonizan a carteleira desta semana no Salón Teatro coa lectura dramatizada de ‘Bailar no ceo’ esta mesma tarde e a posta en escena de ‘Relato para un incendio’ en coprodución con aAntena
Román Rodríguez afirma na apertura das Letras Galegas 2023 que Fernández del Riego "é un dos arquitectos máis importantes da nosa historia literaria"
Avanzou que, xunto a outras institucións e entidades culturais galegas, se está a avanzar nunha programación dinámica e ampla para “exhibir a vixencia e importancia que a día de hoxe teñen os traballos e obras de Del Riego”
A Xunta incorpora ao Calendario do Libro e a Lectura datas de homenaxe a Manuel Murguía, Pablo Picasso e Carlos Oroza
Ademais, súmanse ao almanaque os días do libro electrónico (4 de xullo), da preservación dixital e do patrimonio cultural (o 2 e 16 de novembro, respectivamente)
O libro ‘Estampas do Grove’ proxecta a Ría de Arousa a través de máis de 100 fotografías de Paco Luna co apoio da Xunta
Trátase dunha proposta editorial de LúdicaLibros para recuperar das redes sociais artistas gráficos que aínda non teñen editada ou impresa a súa obra
A Xunta recorre a resolución do Instituto Xeográfico Nacional respecto ao topónimo da Ría de Ribadeo
O Goberno galego presenta un recurso de alzada ante o Ministerio de Transportes logo de que outorgase ao topónimo Ría del Eo o mesmo nivel de oficialidade