Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lanza a convocatoria deste ano de formación a demanda das empresas dixirida a persoas traballadoras e dotada con 4 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde destes apoios que se poderán solicitar a partir do vindeiro 5 de febreiro e ata o 30 de setembro a través das entidades e centros de formación acreditados
A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo
A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional
Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas
Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e empresas do sector servizos
A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes co aforro enerxético e a sustentabilidade”
Ana Ortiz participa na entrega de premios da campaña de Nadal do comercio vigués
A delegada territorial, Ana Ortiz, destacou a iniciativa do Centro Comercial Aberto de As Travesas na que participaron 117 establecementos
A Xunta presenta en Fitur a nova edición do seu proxecto pioneiro ‘Artesanía no Prato’ que promove as sinerxías entre gastronomía e artesanía
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou no stand de Galicia a reedición do libro “Artesanía no Prato” no que se inclúe unha versión en inglés e se incrementa o número de restaurantes e de obradoiros de Artesanía de Galicia
A Xunta reclama ao Goberno central unha maior colaboración e a asignación de fondos europeos para potenciar o impulso do comercio de proximidade
José González insta á necesidade de sumar esforzos entre administracións, demandando que Galicia acceda a recursos Next Generation -que o Goberno reservou e non está a executar- para potenciar os proxectos que impulsa a Xunta para o sector
A consellería do Mar aborda coa comisión Mar-Industria da Confederación de Empresarios de Galicia diferentes propostas fronte aos retos actuais do sector
O conselleiro do Mar puxo en valor a entrada en vigor do cambio normativo que permite a ampliación dos prazos de vixencia das concesións asentadas en terreos portuarios de titularidade autonómica