Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 815 novas da área temática i+D+i:

07/03/2023 | 11:58 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde participa na Joint Action CIRCEpara a transferencia do seu modelo de telemedicina a outros paises membros da Unión Europea

A Unión Europea incluíu o modelo de telemonitorización do Sergas (Telea) como unha das seis boas prácticas de atención primaria a transferir ao resto dos países membros

06/03/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia incorpora unha infraestrutura única en España para a experimentación con aeronaves non tripuladas

Os dous novos simuladores instalados no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) van permitir dar resposta a moitos dos retos que hoxe en día ten a regulación de voos con aeronaves non tripuladas
 

03/03/2023 | 15:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor o investimento das empresas que apostan por Galicia para mellorar a súa competitividade e adiantarse aos retos da transición enerxética

Salienta que Galicia gaña cunha nova infraestrutura fundamental para o desenvolvemento da Coruña e da súa comarca

03/03/2023 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na adaptación dos rexistros civís da Coruña e Vigo á plataforma para tramitar os expedientes por vía electrónica

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades, na que tamén se abordaron outros asuntos como a distribución dos fondos europeos en materia de xustiza nos próximos anos ou a aposta polo deseño de sedes xudiciais sustentables

02/03/2023 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta a importancia da cooperación descentralizada no "XVI Encontro de comunidades autónomas e cooperación ao desenvolvemento"

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participa en Valencia no encontro, onde resaltou a necesidade de reforzar os vínculos cos axentes económicos e sociais, as universidades e os medios de comunicación para ampliar as alianzas no eido da cooperación ao desenvolvement

02/03/2023 | 15:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás entidades do terceiro sector a apostar pola innovación para responder aos retos da sociedade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora xeral de Formación para o Emprego e a Orientación, Zeltia Lado, participaron nun encontro con axentes deste ámbito para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i

01/03/2023 | 20:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda salienta que o proxecto do gran centro de datos de Galicia avanza na súa materialización coa selección do seu socio industrial

Anuncia o acordo entre a Sociedade Impulsa Galicia e a compañía Ingenostrum para analizar esta iniciativa que busca o liderado da Comunidade na dixitalización

01/03/2023 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao comercio compostelán a solicitar as axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou Calzados Pachi e Bluvelvet, que participaron neste programa co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 112.000 € en 25 tendas e obradoiros artesáns da cidade

28/02/2023 | 15:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O presidente da Xunta demanda que no Perte do naval o Goberno central teña en conta o peso significativo de Galicia no sector

Salienta que representa o 3,5 % do PIB galego e que emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade Autónoma con máis empresas no sector: “Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo”

28/02/2023 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Estratexia Galicia Dixital 2030 marca entre os seus obxectivos que no 2025 o 25 % das empresas e o 50 % das administracións empreguen solucións baseadas en tecnoloxías disruptivas

A EDG 2030 ten como eixo transversal impulsar a especialización tecnolóxica de Galicia para promover un novo modelo produtivo baseado nunha economía dixital e sostible