Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.125 novas da área temática Infraestruturas:

01/10/2025 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 4,2 M€ na actuación de ensanche e mellora da PO-230 ao paso polos concellos de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro

A Administración autonómica somete ata o 3 de novembro a información pública o proxecto para o acondicionamento deste treito de 5,3 quilómetros, que transcorre polos núcleos de Praderrei e Parada, en Campo Lameiro, e Fentáns, en Cerdedo-Cotobade

01/10/2025 | 10:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en outubro e en novembro os actos expropiatorios necesarios para executar novas sendas na estrada AC-433, en Laxe

O levantamento de actas previas terán lugar o vindeiro 24 de outubro e a formalización das actas de ocupación o 28 de novembro no salón de plenos do Concello de Laxe

30/09/2025 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con 80.000 euros varias actuacións para a corrección de impactos paisaxísticos nos concellos de Ares, San Sadurniño e Valdoviño

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou esta mañá o resultado dos traballos de mellora do lavadoiro do Regueiro, en San Sadurniño

30/09/2025 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial supervisa o estado das obras da nova senda peonil na estrada OU-212 en Beariz, nas que a Xunta inviste preto de 50.000 €

Manuel Pardo explicou que coa execución deste novo itinerario darase continuidade ás beirarrúas existentes e facilitarán a mobilidade peonil entre as vivendas de Busto e o núcleo de Lebozán

27/09/2025 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 2 M€ as obras de reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por oito concellos en Pontevedra

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-523 e PO-354 ao seu paso polos concellos da Guarda, As Neves, Mondariz, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Ponteareas e Salvaterra de Miño

26/09/2025 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios da piscina municipal de Toques con case 60.000€

A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer as accións aprobadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

26/09/2025 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 28 M€ as obras para ampliar a estación depuradora de Vilagarcía de Arousa

A nova infraestrutura dará servizo a unha poboación de preto de 100.000 habitantes, o que suporá duplicar o número de persoas para as que foi deseñada

25/09/2025 | 18:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva transferidos 1,4 M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais

O Goberno galego concedeu xa 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo

25/09/2025 | 18:28 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aposta do Matadoiro Celtaverde pola produción ecolóxica certificada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou hoxe as instalacións desta empresa no concello lucense de Taboada, onde traballan con gando bovino, porcino, ovino, caprino e, proximamente, con equino

25/09/2025 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial