Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 883 novas da área temática Emerxencias e interior:

11/06/2023 | 11:06 | C. do Mar

A Xunta forma un grupo da Garda Nacional de Dubai en materia de rescate e loita contra a contaminación no mar

O Servizo de Gardacostas impartiu un curso homologado a nivel internacional, con parte teórica e práctica, a 14 membros deste organismo dos Emiratos Árabes Unidos

08/06/2023 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para gastos de funcionamento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 euros
 

05/06/2023 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón a implicación de influencers na difusión do “sentidiño”

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, amousou o 112 Galicia a persoeiros dos eidos da comunicación e a cultura

04/06/2023 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por choiva en Lugo e Ourense

Agárdase unha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm

29/05/2023 | 10:14 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 69 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 26 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 28 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 78 chamadas por accidentes de tráfico

26/05/2023 | 14:50 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia adestra en soporte vital básico a 170 escolares da Estrada co gallo do Día Internacional das Urxencias e Emerxencias

Desde o ano 2009 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desenvolve o programa RCP na aula que formou a máis de 17.800 escolares en técnicas de reanimación cardiopulmonar básica

26/05/2023 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside

O lume afectou 0,20 hectáreas de superficie arborada e foi provocado polo lanzamento de fogos de artificio

25/05/2023 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do comité asesor do Sapraga