Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsou preto de 700 proxectos municipais en 2024 cun investimento de 24M€ das axudas específicas ao eido local
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compareceu hoxe no Parlamento, onde insistiu na demanda dun novo modelo de financiamento local que teña en conta as peculiaridades de Galicia
A Xunta confirma a súa aposta polo profesorado, cun forte incremento do orzamento para 2025
As contas da Consellería contemplan un aumento de 90M€ no capítulo de persoal, a partida que máis medra da Consellería, que supera os 3.000M€
A Xunta forma aos empregados públicos en materia de responsabilidade patrimonial sanitaria
A Escola Galega de Administración Pública inaugura a primeira edición do Curso monográfico sobre responsabilidade patrimonial sanitaria dirixido a 25 empregados públicos
A Xunta impulsa obras de eficiencia enerxética en medio cento de concellos cun investimento de máis de 5,2 M€
A iniciativa, cofinanciada con fondos Feder, enmárcase na nova convocatoria de axudas plurianual destinada a municipios de menos de 30.000 habitantes
A Xunta destina 48 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Salnés e Ullán nuns orzamentos centrados na educación, a sanidade e o medio ambiente
O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para o novo hospital de Vilagarcía, ademais de accións de saneamento e centros escolares.
A Xunta destina máis de 37 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Deza-Tabeirós cunha aposta histórica polo desenvolvemento das infraestruturas
O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a ampliación do Polígono Industrial de Lalín ou a construción dun albergue de peregrinos en Dozón
Manuel Pardo destaca que os Orzamentos 2025 atenden as necesidades da veciñanza de Ourense e impulsan o crecemento da provincia
O Goberno galego destina 1.749M€ á provincia de Ourense nos orzamentos 2025. No que respecta ao gasto por habitante na provincia incrementase un 3,6%, o que supón pasar de 5.540€ a 5.742€, dos que mais de 238M€ corresponden á capital
A Xunta destina 263,2 M€ para o Concello de Pontevedra, dos cales preto de 97 M€ corresponden a uns investimentos históricos
O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a cidade, que inclúen unha importante partida para construción de vivenda pública, ademais da obra do novo Hospital Montecelo,a aposta pola vivenda pública, as obras na residencia de Campolongo, ou a dragaxe de Lérez
A Xunta ampliará o vindeiro ano os beneficios fiscais ata os 751 M€ e seguirá apostando polo reequilibrio territorial en favor das provincias de Lugo e Ourense
O conselleiro de Facenda e Administración Pública entregou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos e o de Medidas Fiscais e Administrativas