A Xunta apoia as exposicións caninas que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Lugo, 17 de xaneiro de 2025
A Xunta apoia as mostras que organiza esta fin de semana a Sociedade Canina Galega no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O recinto albergará dende mañá ata o domingo a 111 e 112 Exposición Nacional Canina, así como a 50 Exposición Internacional Canina. As actividades incluirán probas de Agility selectivas para o Campionato do Mundo.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou hoxe na presentación das mostras xunto cos promotores e representantes doutras institucións e entidades implicadas e valorou o “enorme poder de atractivo desta exposición, tanto para os lucenses como para o público foráneo, que quedou máis que constatado nos últimos anos”. Salientou ademais o papel que xogan encontros coma este “que teñen un evidente impacto positivo na economía local e que contribúen a ampliar a proxección da imaxe de Lugo como destino de eventos diversificados”.