Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recoñece cinco centros escolares e tres cooperativas nas edicións deste ano do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións de ambas iniciativas, que no caso do ensino recaeron en centros das localidades de Moaña, Tomiño, Barreiros, A Coruña e Vigo e as cooperativas premiadas son Rexenerando, Illa Bufarda e Lemos
A Xunta lanza a convocatoria de axudas para a creación de cooperativas ou sociedades laborais dotada este ano con máis de 2,3 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas achegas, cuxo prazo estará aberto desde o vindeiro 20 de xuño ata o 15 de setembro
A Xunta participa na presentación da nova edición do 'Maker Faire Galicia' dentro da aposta estratéxica en prol do emprendremento e a remuda xeracional
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á rolda de prensa de presentación da undécima edición da Maker Faire Galicia
Belén do Campo visita os cursos AFD do centro de formación Praxis de Vixilancia, Seguridade privada, Protección de persoas e Protección de explosivos que contan cun apoio da Xunta de case 240.000 €
A delegada informou que a Xunta apoia con máis de 6,1M€ a 24 entidades da cidade da Coruña para levar a cabo 127 Accións Formativas para Desempregados
A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude das axudas para emprendedores, que apoiaron 108 iniciativas na provincia en 2024
O delegado territorial, Javier Arias, explica que as achegas poden acadar os 35.000 euros para facilitar os primeiros pasos dos proxectos empresariais emerxentes
A Xunta pon a GSI Dotación Industrial como exemplo da aposta de Galicia pola empregabilidade feminina e da mocidade nun mercado laboral en máximos históricos
José González salientou a importancia da colaboración público-privada para seguir dinamizando o mercado laboral galego, que roza o máximo de afiliacións e acada o mínimo de desemprego tal e como referendan os datos publicados este martes
A Xunta apoia a formación técnica do sector forestal para incentivar o uso da madeira como elemento construtivo
A actividade está financiada pola Administración autonómica a través da liña Xera-Savia, que facilitou a formación de máis dun milleiro de traballadores e traballadoras ao longo de 2024