Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reunirá en setembro en Chantada a profesionais nacionais de referencia para debater sobre innovación e economía circular na artesanía
Esta cita denominada Novas artesanías para novas ecoloxías terá lugar o 21 e o 22 de setembro en San Cristovo de Mouricios co fin de reflexionar sobre unha nova realidade vinculada aos novos materiais e sobre os materiais tradicionais do rural
A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada
A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, busca este ano fomentar a colaboración interxeracional
A Xunta impulsa a iniciativa emprendedora dos emigrantes retornados con apoios que contribúen ao desenvolvemento económico de Galicia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Vigo o taller de electromecánica posto en marcha pola familia de Agustina Patiño e Agustín Cierne, que retornaron a Galicia desde a Arxentina
A Xunta de Galicia avanza na súa colaboración cos concellos de Valga e Moraña para garantir a xeración de emprego e riqueza
No encontro tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo González, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado
A Xunta impulsa un programa de cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nos meses de setembro, outubro e novembro unha programación específica en diferentes concellos das catro provincias galegas
A Xunta duplica as axudas aos profesores para gastos por formación, en cumprimento do acordo sindical
Educación publicará esta semana a convocatoria para solicitar apoio por participar en actividades formativas tanto en Galicia como no resto de España e no estranxeiro
Un total de 1.256 novos profesores incorpóranse ás aulas logo de aprobar as oposicións deste verán
Román Rodríguez felicita aos docentes e deséxalles o mellor no seu labor: “Tedes nas vosas mans o máis valioso: a formación dos nenos e nenas, o futuro de Galicia”
A Xunta avanza na distribución de microguías de emprendemento para diversificar os negocios en Galicia e favorecer a remuda
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social fixo entrega hoxe de varios exemplares na sede da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) na Coruña
A Xunta inviste máis de 7,1 millóns de euros en 17 novos obradoiros de emprego duais en Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que as accións aprobadas implican a 46 concellos e beneficiarán a 340 persoas sen traballo
A Xunta pon de relevo o pulo aos programas e axudas activos para dotar as empresas dos perfís profesionais que precisan
Na xuntanza tratáronse cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, as Unidades Formativas para Empresas e os Bonos Talento Empresa