Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Auga:

18/02/2026 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial de xeito inmediato en 3,3 quilómetros nos ríos Belelle e Basteiro, en Neda, ante o impacto dos temporais

As tarefas que realiza Augas de Galicia están motivadas pola existencia de incidencias relacionadas con árbores caídas na canle e pola acumulación de biomasa nas marxes

18/02/2026 | 11:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 11,5 quilómetros en varios ríos ao seu paso polo concello de Porto do Son

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 22 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos, así como na eliminación de especies exóticas invasoras

17/02/2026 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Castro de Rei analizan o proxecto para mellorar a calidade da auga do servizo de abastecemento

Esta actuación, que suporá un investimento de un millón de euros, é necesaria para solucionar os problemas que provocan que unha parte da veciñanza, locais de hostalaría e empresas non poidan facer uso da auga da traída municipal

16/02/2026 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ribeira avalían as actuacións a realizar para a mellora do funcionamento da EDAR

Tamén abordaron o proxecto municipal para ampliar a rede de abastecemento no lugar de Cudieiros, en Palmeira

13/02/2026 | 14:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Carral analizan o proxecto para a construción dunha nova estación depuradora

Esta actuación suporía unha importante mellora do servizo de saneamento que actualmente presta a EDAR do Quenllo e tamén permitiría anticiparse ás necesidades dun futuro incremento da poboación a atender

09/02/2026 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Veolia avalían novas vías de colaboración para o desenvolvemento de accións no marco da Alianza galega polo clima

Ángeles Vázquez lembra que a empresa participa de xeito activo no Foro Técnico sobre casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos, expoñendo a súa experiencia en I+D+i, uso de novas tecnoloxías e sostibilidade na xestión hídrica.

07/02/2026 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o traballo de vixilancia e control de Augas de Galicia sobre as presas de titularidade autonómica cun investimento de 4,6 M€

Ángeles Vázquez destaca as “continuas” tarefas de mantemento e revisión que leva a cabo a Administración autonómica nos encoros dos que é titular: Baiona, Eiras, O Con e Caldas de Reis

06/02/2026 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas a comunidades de usuarios e particulares para a mellora de instalacións de abastecemento e saneamento por 700.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de ambas ordes de axudas cuxo prazo para a presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 16 de febreiro ás 9,00 h.

06/02/2026 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta de Galicia certifica o bo estado das instalacións do IES de Beade e confirma a presenza de chumbo na auga das acometidas exteriores municipais

As mostras recollidas esta mesma semana por Saúde Pública ratifican que a acometida do centro escolar non presenta metais por enriba dos límites establecidos pola normativa

05/02/2026 | 15:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Guarda destinarán máis de 110.000 euros para mellorar o servizo de saneamento

Ángeles Vázquez explica que, entre as actuacións previstas, está a substitución da ponte móbil do decantador secundario