Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa nos orzamentos de 2026 o proxecto Ferrol Cidade do Deporte cun investimento de 2,9 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avanzou en Ferrol a achega destinada o próximo exercicio á execución das distintas obras previstas no marco do convenio asinado en 2024 co Concello
A Xunta impulsará no Carballiño un espazo único de empregabilidade que integrará a oficina de emprego e o polo de emprendemento cun orzamento de preto de 2 M€
José González avanzou que en 2026 se licitarán e poñerán en marcha as obras que permitirán o traslado da actual oficina de emprego, situada na rúa Ramón Otero Pedrayo, a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal
A Xunta incrementa ata os 48,2 millóns de euros o orzamento en vacinación en 2026, o que supón unha suba de máis do 17 %
O titular de Sanidade sinala que o incremento de 7,2 millóns con respecto a 2025 permitirá reforzar, ante todo, a protección do colectivo de persoas maiores, con distintas estratexias encamiñadas a aumentar as coberturas de vacinación
Medio Rural duplicará no 2026 o seu orzamento para intensificar os labores de inspección e axilizar os traballos de xestión da biomasa arredor das aldeas
A Consellería pasa dun investimento de 7,75 a 15,5 M€ no convenio coa Fegamp e, ao mesmo tempo, crearase un Fondo de Garantía de Limpeza de Franxas dotado con outros 10, ata superar así aos 25 M€ para esta finalidade
Rueda destaca que a Xunta aposta nos orzamentos do 2026 por un reforzo sen precedentes do gasto social, ao cal destina preto de 10.600 M€
Tres de cada catro euros dedícanse a sanidade, educación e política social, así como a políticas de emprego para promover o crecemento futuro de Galicia
Rueda anuncia que a Xunta adquirirá baixos en desuso para convertelos en vivenda pública e que ampliará as rebaixas fiscais para compra de vivenda de segunda man
Increméntase ata os 240.000 euros, con 30.000 euros máis por cada membro adicional da unidade familiar, o teito de patrimonio para acceder á bonificación do Imposto de Transmisións Patrimoniais do 8% ao 3% (ao 0% en zonas pouco poboadas)
A Xunta reforza nos orzamentos de 2026 o Fondo de cooperación local ata os 187 M€
O Goberno galego sinalou que o incremento desta dotación é de preto dun 12% máis que neste exercicio
Miguel Corgos destaca o crecemento da economía galega cunha taxa de paro que roza mínimos históricos e cuns orzamentos tres anos seguidos sen novo endebedamento
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse hoxe cos axentes económicos e sociais para informarlles sobre o proceso de elaboración de Orzamentos para 2026
Galicia terá un Observatorio do Xogo encargado do estudo, avaliación e seguimento das políticas neste sector
Calvo salienta que o obxectivo é “garantir un modelo de xogo seguro e responsable”
Entra en vigor a domiciliación dos pagos de impostos en entidades bancarias non colaboradoras en 36 países
O DOG publica hoxe a resolución da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) que permite facer uso do procedemento desde mañá martes