Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Función pública:

28/08/2024 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 44.000 euros na reforma da escola infantil pública autonómica de Bouzas

Estas obras de mellora enmárcanse nos 3 millóns de euros orzamentados polo Goberno galego para renovar as instalacións de escolas infantís durante o verán

27/08/2024 | 10:36 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade informa sobre como se debe actuar ante a picadura dunha medusa

Tras detectarse a presenza de carabelas portuguesas nos areais galegos, a Dirección Xeral de Saúde Pública lembra os catro pasos a seguir no caso de picadura

08/08/2024 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia con 50.000 euros un programa de conciliación do Patronato Concepción Arenal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá aos participantes nesta iniciativa financiada a través do Plan Corresponsables para entidades sen ánimo de lucro

08/08/2024 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 3M€ para que pemes e autónomos galegos adquiran equipamento empresarial e promovan a innovación

A liña, que abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes, impulsa a modernización tecnolóxica e a capacidade competitiva do tecido empresarial galego facilitando o acceso a bens de equipamento e programas de implantación de solucións tecnolóxicas adquiridos desde o 1 de xaneiro ata o 10 de decembro deste ano

08/08/2024 | 11:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que o Plan Corresponsables permite atender as necesidades de conciliación de 600 familias de Noia

O Goberno galego destina este ano 7 millóns de euros a esta iniciativa que permite apoiar a 170 concellos galegos e chegar a máis de 12.000 familias

02/08/2024 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reúnese co Concello de Ourense e os praceiros para seguir avanzando na reapertura da Praza de Abastos nº1

A reunión celébrase unha vez entregado o plan funcional do mercado, financiado polo Goberno autonómico e xa aprobado polos praceiros, e que é a folla de ruta para facilitar o traslado dos comerciantes dende a súa ubicación provisional na Alameda e a reapertura do edificio histórico

02/08/2024 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Asignadas un total de 7.037 prazas de profesores na adxudicación de destinos para o vindeiro curso, 90 máis que o pasado ano

Esta é unha das vías, pero non a única, de dotación de profesorado nos centros, cuxo número total se pechará en setembro cando a Consellería complete o proceso de organización de aulas e recursos para asegurar a máxima atención educativa

02/08/2024 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a contratación de socorristas en 185 concellos, un 20% máis que en 2023

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Laxe, un dos concellos beneficiarios da orde de axudas dotada con 1,5M€

02/08/2024 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou ao rexedor sadense que a reestruturación levada a cabo no corredor A Coruña-Mera-Sada para incorporar novas frecuencias e eliminar duplicidades só supuxo cambios en 11 servizos en horario de menor afluencia

02/08/2024 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 454.500€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos