Actualidade
Buscador de novas
As obras de reforzo de firme na autovía do Barbanza farán necesario o corte do último tramo da AG-11 o mércores 9 e o xoves 10
Tratase de acometer os traballos de estendido de aglomerado, desde o punto quilométrico 38+000 (enlace de Palmeira) ata o 40+006 (enlace de Ribeira)
Belén do Campo supervisa o avance das obras dunha senda para a mellora da mobilidade e a seguridade viaria na AC-418 no lugar de Seixas
A actuación permitirá crear unha nova senda peonil de máis de 320 metros para facilitar os desprazamentos a pé e reforzar a seguridade das persoas usuarias
A Xunta inicia as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte, nas que inviste 3,4 M€
Actuarase a partir deste luns, 7 de setembro, na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas
A Xunta adxudica por 24,2 M€ as obras de construción de 152 novas vivendas públicas en Garabolos, en Lugo
O inmoble contará con máis de 23.000 metros cadrados de superficie construída e terá unha distribución de baixo, 8 alturas e baixo cuberta
Fabiola García comproba o remate das obras de mellora da escola infantil pública autonómica do Porto do Son, nas que a Xunta investe 50.000 euros
As actuacións realizadas inclúen a instalación dun novo sistema de climatización no centro, a dotación de novos módulos de almacenamento, a colocación dunha nova cancela na entrada e a limpeza e pintado das fachadas
A Xunta inviste 60.000 euros na instalación dun sistema de aerotermia para a mellora da eficiencia enerxética no punto de atención á infancia do Riós
O delegado da Xunta salientou que o Goberno autonómico ten como obxectivo o desenvolvemento equilibrado do territorio galego, do medio rural e do urbano, que permita o progreso económico da totalidade da súa xeografía
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda de 1,2km entre Picón e Tanoira, en Meaño, na que prevé un investimento de máis de 720.000€
Habilitarase un itinerario continuo e separado do tráfico rodado na estrada PO-303, que contará con 2 metros de ancho na meirande parte do percorrido