A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Baños de Molgas
2026-09-02
/documents/35297/2273885/20260902_Conselleira_Vivenda_AlcaldeBan%CC%83osMolgas-4.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Baños de Molgas, Manuel Fernández.
Neste encontro, no que tamén estivo presente a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio ourensán.
A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 02/09/2026