Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca os 4 M€ investidos na reforma integral da residencia de Campolongo como exemplo da aposta da Xunta co benestar das persoas maiores
Salienta que a Xunta “prioriza recursos” para que os cidadáns “poidan envellecer como queiran”, con atención tanto nas residencias como nos seus domicilios
A Xunta destina máis de 250.000 € ás obras de mellora da residencia de maiores As Dores, en Lalín
O Goberno galego financiará tamén a segunda fase dos traballos de accesibilidade e eficiencia enerxética que se están a realizar na infraestrutura
Martina Aneiros anima aos maiores a desfrutar das vantaxes do Carné +65
A Delegada Territorial da Xunta visitou un dos establecementos adheridos a este programa da Consellería de Política Social e Igualdade
A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello
Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable
Fabiola García denuncia que a paralización do Plan de choque da Xunta responde a un afán recadatorio do Goberno central
Advirte que o Executivo central pretende copiar as homologacións automáticas de discapacidade polas que presentou o recurso ante o Constitucional e coas que deixou de recadar 114M€ no 2025 en Galicia
A Xunta comproba o resultado das obras do novo centro de día municipal de Ramirás nas que investiu máis de 430.000 euros
O centro emprázase na antiga escola de Freás de Eira e ten capacidade para atender a 20 persoas maiores
Fabiola García e o alcalde das Neves avalían novas vías de colaboración para seguir impulsando os servizos sociais deste concello
A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Goberno galego inviste preto de 500.000 euros no Bono coidado no fogar que conta con 96 usuarios neste municipio
Fabiola García destaca o pulo histórico da Xunta á dependencia ao resolver favorablemente 86.300 expedientes en 2025 e reducir a espera en dous meses
A conselleira subliña que Galicia está preto xa das 94.000 persoas atendidas e que alcanza unha ratio do 99,8%, o que a sitúa seis puntos por riba da media nacional
Fabiola García subliña que a nova achega da Xunta ao SAF implica unha suba do 50% na lexislatura e duplica as contías de 2020
A conselleira incide na necesidade de que o Executivo central “cumpra coa lei de dependencia” e achegue o 50% do financiamento, unha situación que provoca que a débeda con Galicia acade este ano os 2.900 M€
A Xunta acada un acordo de lexislatura coa Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar
O Goberno galego achegará 16 euros por hora en 2026, 17 euros por hora no 2027 e 18 euros por hora no 2028