Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 975 novas da área temática Territorio:

01/09/2024 | 12:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa un grupo de traballo interdepartamental para avanzar na normalización e recuperación da toponimia galega

O obxectivo principal é poñer en marcha o Nomenclátor Xeográfico de Galicia como modelo único e integrado dos datos toponímicos e en harmonía coa directiva da UE

28/08/2024 | 14:14 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta investirá preto de 700.000 euros na mellora de camiños rurais nos oito concellos da comarca do Deza-Tabeirós

O delegado territorial visitou os resultados das obras levadas a cabo grazas ao Plan Marco 2023-2024 e anunciou as actuacións que serán posibles grazas á convocatoria deste ano

27/08/2024 | 13:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en 3 quilómetros do rego de San Vicenzo, en Valdoviño

As tarefas que está a executar Augas de Galicia na parroquia de San Vicente de Meirás inclúen a retirada de árbores e biomasa da canle fluvial e labores de roza selectiva

27/08/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima a posta en marcha do primeiro visor dixital con información sobre tráfico, sinistralidade e outros datos de interese da Rede de estradas de Galicia

Desde o ano 2021 os dous departamentos autonómicos colaboran para avanzar na implantación da dixitalización para o seguimento deste tipo de infraestruturas

26/08/2024 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que a conexión ferroviaria Lugo-Santiago se materialice en tempo e non sexa un exemplo máis de demora e incumprimento por parte do estado con Galicia

O Goberno galego congratúlase da licitación do estudo previo para realizar esta mellora pero lamenta a falta de compromiso real coas necesidades galegas en mobilidade 

23/08/2024 | 14:51 | C. do Medio Rural

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

A titular da Consellería do Medio Rural visitou hoxe unha explotación de vacún de carne no concello lucense de Quiroga, onde sinalou o “impacto positivo” que ten sobre o terreo este tipo de gandaría, que tamén axuda como prevención ante os incendios forestais

21/08/2024 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o investimento de máis de 700.000€ entre 2024 e 2025 na comarca de Sarria para a mellora de camiños rurais e de vías en zonas de parcelarias

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo balance das actuacións no municipio de Sarria, que conta con axudas superiores a 225.000€ para ambos plans

14/08/2024 | 17:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades

Estudou nun só día a documentación presentada, e lembra que a autorización para modificar o proxecto ten que solicitala á CHMS e para a translocación debe usar o  procedemento apropiado

14/08/2024 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o acordo da aprobación definitiva do proxecto de trazado para a mellora da OU-212 no treito interurbano do concello de Beariz e na travesía de Liñares, en Avión

A actuación suporá un investimento de máis de 1,3 M€ e aborda unha primeira fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6 quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz e o desvío ao núcleo do Couso

08/08/2024 | 12:33 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de case 1M€ en 15 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

 Belén do Campo fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas