Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o traballo do tecido empresarial galego na redución das emisións e nos avances a prol da neutralidade climática
Ángeles Vázquez salienta que Finsa investiu en total preto de 200 millóns de euros nos últimos anos para optimizar todos os procesos apostando pola sostibilidade, a eficiencia enerxética, a descarbonización e a economía circular
A Xunta contribúe un ano máis á visibilización do deseño galego a través dos Premios Paraugas promovidos polo Clúster de Comunicación de Galicia
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no teatro Jofre na presentación destes galardóns que distinguen cada ano aqueles traballos ou estratexias de creatividade, deseño, edición, impresión, márketing, eventos e comunicación que sobresaen polas súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e obtencións de bos resultados
A Xunta especializa a 50 mozas e mozos en comercio exterior para impulsar a internacionalización das empresas galegas
O Goberno galego vén de resolver a última convocatoria dun programa que, desta volta, sumou 3 M€ para que 50 estudantes con titulacións universitarias de grao superior poidan formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego
Arias destaca que a Xunta promove novas estratexias para impulsar o emprendemento mozo
O delegado territorial asistiu á entrega dos IX Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo
Lorenzana destaca a capacidade de evolución e adaptación aos cambios como exemplo do espírito emprendedor das empresas familiares galegas
Subliña que os 50 anos de traxectoria de Aibasa son froito do esforzo colectivo, do seu compromiso e da súa visión de futuro
Rueda pon en valor a capacidade de Galicia para converterse nun referente no campo da innovación
Reafirma o apoio da Xunta a todas as iniciativas que contribúan a crear emprego de calidade, a reter e atraer talento investigador e a modernizar a economía galega
A Xunta aprobará unha nova liña de axudas de máis de 1M€ para promover a seguridade industrial nos polígonos empresariais
Lorenzana apunta que estes apoios van dirixidos ás asociacións de empresarios e entidades de conservación e xestión de polígonos empresariais, para a instalación nestes espazos de sistemas de seguridade e vixilancia ou equipamentos de protección antiincendios, entre outros
A Xunta subliña en Bruxelas o seu compromiso cun sector estratéxico coma o madereiro-forestal
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na Conferencia sobre política e innovación madeireira en Bruxelas
O Igape incrementa o seu orzamento ata os 278 M€ na procura de impulsar un novo modelo de relacionarse coas empresas e mellorar a súa competitividade
A directora do Igape, Covadonga Toca, presenta no Parlamento as contas de 2025, que reflicten un aumento do 20% que permitirá “avanzar cara a unha Galicia máis competitiva, sostible e preparada para os desafíos globais”, reforzando as liñas de apoio á transformación dixital e tecnolóxica, o financiamento empresarial e a atracción de investimentos