A Xunta pon en valor a Estratexia galega de RSE 2023-2025 na V ‘Xornada sobre Responsabilidade Social Empresarial’ do Foro Empresa Pontevedra

Pontevedra, 4 de decembro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, inaugurou hoxe a V Xornada sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE) organizada polo Foro Empresa Pontevedra, no marco da que se fai entrega do I Premio RSE concedido pola entidade. Alí, destacou que a edición deste ano da iniciativa estea centrada na economía circular como novo modelo de crecemento sustentable e puxo en valor as medidas e políticas da Xunta nesta dirección.

En concreto, referiuse ao programa Responsabilízate, que conta na súa cuarta andaina con máis de 200 empresas adheridas de sectores como a construción, o turismo, a tecnoloxía, a formación, a produción agroalimentaria ou a hostalaría ás que se lles proporciona acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos para que desenvolvan iniciativas ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) adaptadas ás súas necesidades. Fernández enmarcou este programa e outras accións na Estratexia galega de RSE 2023-2025, que busca -dixo- que empresas e Administración traballen da man cara a unha sociedade responsable e un desenvolvemento sustentable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2024