Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.743 noticias de la área temática Emprego:

25/08/2025 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do Polo de Vilanova de Arousa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego desta localidade arousá, onde mantivo un encontro con dúas emprendedoras asesoradas nesta oficina

24/08/2025 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ten aberto o prazo dunha batería de axudas para potenciar as oportunidades laborais de máis de 17.000 persoas e facilitar a cobertura de vacantes

Dirixidas tanto a persoas desempregadas como ocupadas, son as AFD (50 M€), a de unidades formativas en empresas con compromiso de contratación (8 M€), a de formación a demanda do tecido produtivo (4 M€) e o Bono Talento Empresa (2 M€)

23/08/2025 | 09:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que as axudas ao Retorno Emprendedor permanecen abertas ata o 30 de setembro

As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade

22/08/2025 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoiará con 6,5 M€ aos concellos e entidades sen ánimo de lucro para a contratación dunhas 400 persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas cofinanciadas pola Unión Europea e destinadas a incentivar a inserción laboral de desempregados de entre 18 e 29 anos en máis de 200 entidades

21/08/2025 | 10:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o apoio á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas deste ano á contratación de preparadores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 das achegas do Programa de emprego con apoio ás que destina 450.000 euros

20/08/2025 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a iniciativa do comercio local do Carballiño en prol da dixitalización coa posta en marcha da plataforma de atención LoPróximo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na casa do Concello na presentación desta iniciativa que poñerá en marcha Carballiño Centro Comercial Aberto e que foi recoñecida nos Premios do Comercio Galego 2024

20/08/2025 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa con formación a dixitalización das Cooperativas e Entidades de Economía Social en colaboración con Galicia Business School

Ambas entidades lanzan por primeira vez o Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, que comezará en novembro e ofrecerá formación gratuíta e mentorización dos plans de transformación dixital

19/08/2025 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o labor da Rede de Polos de Emprendemento en prol da remuda xeracional en negocios ligados ao territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, onde mantivo un encontro cun emprendedor asesorado nesta oficina

19/08/2025 | 10:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promoverá a inserción laboral de 500 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro cun investimento de preto de 9 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas que se poderán solicitar desde mañá ata o vindeiro 19 de setembro

17/08/2025 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa dúas novas accións formativas en prevención de riscos laborais en modalidade de teleformación a través da EGAP

Estes programas de formación afondan na aposta da Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), por unha formación de calidade en prevención de riscos laborais, dirixida tanto ao tecido produtivo como á mocidade