Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.793 novas da área temática Economía:

16/10/2024 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na II edición do Premio Galicia Renovable que recoñece o talento universitario e pon en valor proxectos relacionados coa eficiencia e a transición enerxética

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, apostou por unha descarbonización gradual e destacou o modelo que está a desenvolver a Xunta baseado no binomio industria-enerxía para vincular o desenvolvemento industrial de Galicia ás enerxías renovables

16/10/2024 | 11:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia un cento de actividades de fomento e impulso da economía social no marco das axudas a entidades adheridas á Rede Eusumo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun total de 23 entidades beneficiarias dun importe global próximo aos 655.000 euros

15/10/2024 | 17:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta dotará ao concello de Mos con máis solo empresarial para facilitar a competitividade industrial

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantiveron un encontro coa veciñanza do concello para abordar a creación do parque empresarial de Louredo

11/10/2024 | 19:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que desde este ano as startups contan en Galicia cunha liña de axudas específica para apoiar o seu lanzamento e consolidación

Apunta que, por primeira vez, poden acceder a apoios que oscilan entre os 10.000 e os 20.000 euros para gastos e investimentos

11/10/2024 | 16:45 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pon en valor o crecemento sostido da economía galega como garante duns orzamentos que trasladan certezas ás familias e ás empresas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse hoxe co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e coas organizacións sindicais para dar a coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do vindeiro ano

11/10/2024 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ser líder no sector TIC coa futura posta en marcha dun gran centro de datos en Curtis

Salienta que este tipo de centros “son a industria do futuro” e o que “van demandar cada vez máis as empresas”

10/10/2024 | 15:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a competitividade e a xeración de emprego como fortalezas da industria da seguridade e a defensa en Galicia

Subliña que Galicia aspira a liderar en España o despregamento da nova política industrial vinculada a este sector

10/10/2024 | 13:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta por adaptar o traballo dos grupos do diálogo social ás novas realidades do mercado laboral

Entre as cuestións e retos a atender están a flexibilidade da formación, a prevención de riscos laborais, o absentismo e a igualdade laboral, no ámbito do emprego, así como a industria e enerxía, o naval e a automoción, no eido da economía e industria

08/10/2024 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta confirma a súa aposta polas renovables para reducir a dependencia enerxética do exterior

Subliña que a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia permitirá avanzar neste camiño cara á descarbonización e o autoabastecemento

05/10/2024 | 13:53 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que as empresas poderán solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiro anos a partir do luns

A medida pon a disposición das empresas máis de medio millón de metros cadrados en réxime de dereito de superficie a custo cero durante os primeiros oito anos