Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde á contratación da construción de 58 vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo, cun investimento de máis de 13 M€
O Goberno galego autoriza a licitación de redacción de proxecto e dirección de obra así como de execución de dous edificios de 37 e 21 vivendas de promoción pública
A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas
Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento
A Xunta seguirá colaborando co regadío da Limia e reclámalle ao Goberno central un maior compromiso
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuníronse hoxe con representantes da Comunidade de Regantes da Limia
Sogama cifra en 18 M€ as perdas da empresa en 2023 polo impacto das decisións e dos novos impostos estatais
Javier Domínguez lembra que Galicia presentou alegacións no seu día contra a creación do imposto á vertedura e á incineración a través da Lei de residuos estatal
Galicia acada a cifra de 15.000 doantes no Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é centro de referencia para a tipaxe deste tipo de doazóns desde o ano 1998
Rueda acorda co presidente da Deputación de Pontevedra impulsar a rehabilitación do convento de Santa Clara e do Cine Fraga
Consensúan crear unha comisión de seguimento e axilizar os trámites necesarios no caso do mosteiro pontevedrés