Actualidade
Buscador de novas
A Xunta contribúe con 70.000 euros ao acondicionamento de beirarrúas e aparcamento no polígono da Gándara, en Narón
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a zona onde se van desenvolver os traballos con cargo a unha achega para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia
Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego
A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización
Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias
Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral
A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido empresarial
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras
Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta en materia de seguridade industrial a través do plan de inspección 2024
A delegada territorial de Ferrol participou hoxe no salón de actos do Vicerrectorado do campus industrial de Ferrol na apertura da III Xornada sobre seguridade industrial, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en colaboración coa Consellería de Economía e Industria
A Xunta destaca a aposta do III Ecommerce Day pola tranformación dixital das empresas galegas
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe nesta xornada de referencia do comercio e o márketing dixital do Noroeste de España
A Xunta reclama unha distribución xusta dos fondos europeos e celebra que o Goberno central se sume á aposta pola desburocratización
Lorenzana puxo en valor o papel que está a xogar a Oficina Económica de Galicia como punto único de entrada para axilizar trámites e ofrecer asesoramento personalizado ás empresas galegas
O colexio CEIP Lamas de Abade promove a concienciación escolar a través do teatro, dentro do plan integral da Xunta contra o acoso
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asiste á representación ‘Pasando a Bóla’, que fomenta a reflexión e a participación na loita contra o acoso
A Xunta destaca a importancia do talento e da formación para manter a competitividade do tecido empresarial galego
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a xornada ‘Galicia con sinerxía: biotecnoloxía, deporte, TIC’, onde destaca a importancia das “persoas, clave e fundamento de todo”, e o papel que xogan talento e formación como “activos máis valiosos” dunha organización