Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

07/02/2024 | 09:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta que buscan impulsar en sindicatos e organizacións empresariais os gabinetes técnicos para promover a igualdade laboral

As axudas, que contan cun orzamento de 400.000 euros, cubrirán os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes órganos entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024

05/02/2024 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta as vocacións científicas entre o estudantado con motivo do Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla a alumnado de 4º da ESO do Colexio Maristas de Lugo para animalo a facer unha elección non sesgada dos seus estudos e liberarse dos estereotipos de xénero

02/02/2024 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a 2ª fase do programa ‘ti elixes’ para concienciar sobre a importancia de rexeitar os prexuízos e os estereotipos de xénero á hora de escoller unha profesión

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto no IES O Couto de Ourense, onde sinalou que o prazo de adhesión está aberto aos centros para impulsar a presenza feminina en sectores como o forestal ou o da construción

31/01/2024 | 13:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A nova Estratexia da Economía Social avogará por diversificar a actividade das iniciativas e por darlles presencia en sectores emerxentes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou o novo marco ás entidades máis representativas desta fórmula

30/01/2024 | 12:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o programa ‘Donas de si’ do Plan Proxecta para que as novas xeracións se conciencien do papel relevante da muller na sociedade galega

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou o CEIP de Prácticas de Ourense, un dos participantes nesta iniciativa que quere poñer en valor a relevancia política, social, artística e cultural das mulleres galegas

29/01/2024 | 20:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra un encontro na Coruña con mulleres beneficiarias do programa autonómico Lideramos de impulso ao talento directivo feminino

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron no acto

29/01/2024 | 14:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza no deseño da nova lei autonómica que incidirá na profesionalización do cooperativismo e no fomento da igualdade nestas entidades

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nunha nova xuntanza do Consello Galego de Cooperativas, órgano colexiado que promove e difunde os valores do cooperativismo na comunidade