Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.669 novas da área temática Mar:

23/11/2024 | 16:43 | C. do Mar

'Galicia sabe AMAR' promociona os produtos pesqueiros galegos na XV Edición do Ciclocross Concello de Cambre

O conselleiro do Mar destacou que, ao igual que a práctica regular de deporte, o consumo de peixe e marisco é sinónimo de saúde e benestar

22/11/2024 | 17:10 | C. do Mar

Redemar presenta o proxecto de investigación Ecosistémica24 que será executado polo CIMA en colaboración coa Federación Galega de Confrarías

A iniciativa afonda no enfoque ecosistémico do marisqueo a través de sete liñas de actuación que abordan desde a bioloxía pesqueira ou reprodutiva, como as patoloxías, as especies acompañantes ou a biodiversidade en substratos duros entre outros

22/11/2024 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

A Xunta salienta a colaboración co tecido empresarial como un elemento clave no impulso das titulacións marítimo-pesqueiras

A directora xeral de FP e o delegado da Xunta en Lugo participan nunhas xornadas sobre este sector que se celebran en Viveiro

21/11/2024 | 14:43 | C. do Mar

Villares defende maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co Reino Unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega

Sinala que o modelo actual para as augas do norte é prexudicial para Galicia ao comprender zonas CIEM demasiado amplas e que están afectadas pola sobre explotación de países do norte de Europa de grandes peláxicos

20/11/2024 | 20:55 | C. do Mar

Villares sitúa aos GALP como axentes dinamizadores da actividade marítima-pesqueira

A Consellería do Mar consolida o investimento que dirixe cada exercicio a estes entes, cunha partida prevista para o vindeiro ano próxima aos 20,5M€

20/11/2024 | 16:47 | C. do Mar

A Xunta presenta os resultados dos traballos realizados para a xestión da mexilla no 2024 e 2025 no marco do proxecto Apromex

A Consellería do Mar está a impulsar diversas iniciativas co obxectivo de garantir a sustentabilidade e Desenvolvemento deste recurso acuícola estratéxico

20/11/2024 | 15:03 | C. do Mar

Villares destaca os 100 anos da confraría de pescadores de Celeiro en prol do patrimonio cultural pesqueiro

A Consellería do Mar colaborou no desenvolvemento da mostra e do reloxo de mareas, a través das axudas concedidas ao GALP A Mariña-Ortegal

20/11/2024 | 14:39 | C. do Mar

A Xunta destina preto de 45.000 euros aos proxectos de rexeneración marisqueira das confrarías de Pontedeume, Mugardos, Ferrol e Barallobre

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ás inmediacións do paseo marítimo de Pontedeume onde a confraría desenvolve as tarefas de semente na zona dos Moteis