Actualidade
Buscador de novas
Unha vintena de nenas e nenos participan nun curso de iniciación ao ‘grappling’ que a Xunta financia con cargo ao Plan Corresponsables
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañou esta mañá aos participantes, durante unha das sesións que se imparten no local da asociación deportiva Sport Fight
A Xunta apoia melloras na antiga escola de Adai, no Corgo, cunha achega de 60.000 euros
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron o edificio para coñecer as accións previstas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
Merelles pon en valor a gran capacidade dos eventos deportivos como xeradores de fluxos turísticos
O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na presentación do IV Open Internacional de Galicia de Pitch&Putt, que se celebrará en Santiago na fin de semana
O I Torneo de Fútbol "Unindo Camiños" arranca o sábado 24 co apoio da Xunta
A competición desenvolverase no Campo de Fútbol de Santa Isabel e incluirá tamén unha final feminina
Máis de 600 deportistas fixeron uso das instalacións da Agasp no que vai de ano
O uso do recinto por parte de integrantes de distintas federacións deportivas enmarcase no protocolo que permite poñer a disposición destas entidades espazos como a residencia, o pavillón deportivo, aulas, o salón de actos ou a galería de tiro
A Xunta destina 1,3M€ á terceira edición do Plan Corresponsables para fomentar a conciliación a través de actividades deportivas organizadas por máis dunha vintena de federacións
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou aos rapaces e rapazas que participaron esta mañá nunha actividade de bolos celtas organizada pola Federación Galega de Bolos
A Xunta destinou máis de 6,6M€ a case 200 concellos a través das dúas convocatorias de axudas para obras en instalacións deportivas municipais ou dotación de equipamento
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o campo de fútbol da Rega, onde se renovou o céspede artificial cunha achega de 50.000 euros da Xunta a través desta liña de axudas e recibiu outros case 000 euros en material
O Complexo Acuático de Monterrei recibe 60.000 usuarios nos seus primeiros 50 días de campaña de verán
A Xunta está a estudar accións para reforzar a seguridade pese a que as cifras de incidencias son moito menores que noutros parques acuáticos