Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.185 novas da área temática Cultura:

02/10/2025 | 14:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta remata a terceira campaña no Castro de Esmelle que permitirá deixar á vista partes das importantes estruturas atopadas nas escavacións

López Campos salienta que a actuación fai visible o corpo de gardae o pavimento enlousado, que conforman un conxunto de carácter monumental que funcionaba como porta de acceso

02/10/2025 | 11:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inicia a auditoría técnica de 47 escenarios que integran a Rede Galega de Teatros e Auditorios para mellorar as condicións de uso de artistas e público

Desenvolverase entre os meses de outubro e novembro para acadar un inventario actualizado das dotacións en materiais e de persoal de cada espazo

01/10/2025 | 15:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A delegación da Xunta en Lugo acolle este sábado unhas xornadas divulgativas sobre arqueoloxía lucense abertas a todo o público

O delegado territorial, Javier Arias, animou á cidadanía a acudir para coñecer os últimos avances na investigación dos xacementos máis importantes da provincia da man dos arqueólogos que dirixiron as intervencións

01/10/2025 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos resalta a proxección exterior da lingua con máis de 4.400 estudantes fóra da Comunidade

Co apoio da Xunta, ofrécense estudos en 41 universidades, con máis de 400 alumnos en España e outros 1.000 entre Europa e América, ademais da India e Mozambique

01/10/2025 | 13:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Carmen V. Valiña gaña o Premio Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta polo seu impulso da lingua

O xurado valorou a habilidade da autora para “mergullarnos nun xogo de espellos temporais entre o pasado e o presente que nos sitúa na simbólica illa de San Simón”

01/10/2025 | 12:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz anima aos vigueses a asistir á terceira edición do festival Musicav en Vigo que chega con novo escenario e unha xornada máis de concertos

A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á presentación do programa do evento que combina música clásica, jazz e cinema

01/10/2025 | 11:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Mofa & Befa encarnan a ‘Os dous de sempre’ con dirección de Quico Cadaval nun espectáculo apoiado pola Xunta

A peza conta con financiamento ao abeiro das axudas á creación escénica 2025, dentro dunha liña na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 870.000 euros a 25 compañías galegas

30/09/2025 | 14:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta considera que a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial sería o ”xusto recoñecemento” ao seu “excepcional valor cultural”

O representante do Goberno asegura que é “case imposible que defraude” a candidatura deste “territorio único” que abranguen 26 concellos de Lugo e Ourense

30/09/2025 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia programa en outubro unha retrospectiva de Travis Wilkerson en colaboración co festival Intersección

A cinemateca da Xunta proxectará case a totalidade do traballo do cineasta estadounidense, quen presentará as sesións dos días 3 e 4 de outubro