A conselleira do Medio Rural salienta a ampla tradición da Feira das San Lucas de Mondoñedo
Mondoñedo (Lugo), 1 de outubro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, participou hoxe na presentación da feira das San Lucas, que este ano terá lugar entre o xoves 16 e o luns 20 deste mes de outubro na localidade mindoniense e que conta co apoio da Xunta de Galicia. A conselleira subliñou a importancia da Gran Feira Cabalar, que pode chegar a reunir ata 2.000 cabezas, e a tradicional baixada do gando e o seu percorrido polas rúas da vila. Así mesmo, destacou o papel protagonista dos produtos galegos con indicativo de calidade, tales como o mel, os queixos ou o porco celta, entre outros, que estarán presentes nos diferentes stands.
Asemade, Gómez puxo en valor a ampla tradición dunha cita festiva de referencia na Mariña en particular e en toda a provincia de Lugo en xeral, cun gran valor cultural e social e que, ademais, está estreitamente ligada ao medio rural.