Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.793 novas da área temática Economía:

26/08/2024 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza no proceso participativo para activar o Plan Estratéxico do comercio a comezos de 2025

No marco dese proceso de escoita, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hai uns días coa Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos (Acisa) de Ribadeo, xunto co alcalde e outros representantes municipais

22/08/2024 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste máis de 7,1 millóns de euros en 17 novos obradoiros de emprego duais en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que as accións aprobadas implican a 46 concellos e beneficiarán a 340 persoas sen traballo

22/08/2024 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o pulo aos programas e axudas activos para dotar as empresas dos perfís profesionais que precisan

Na xuntanza tratáronse cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, as Unidades Formativas para Empresas e os Bonos Talento Empresa

21/08/2024 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que as empresas galegas aínda poden solicitar as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou as instalacións da empresa Fontecelta, beneficiaria destas axudas o ano pasado

20/08/2024 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu compromiso coa recuperación e a posta en valor do patrimonio mineiro galego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe o histórico túnel de Confurco en Ponteareas que pretendía conectar Vigo e Mondariz

19/08/2024 | 10:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 5 M€ a investimentos en tecnoloxías forestais e comercialización de produtos para mellorar a competitividade das pemes de sector forestal de Galicia

O DOG publica hoxe a convocatoria de cinco liñas de axudas: xestión forestal activa, madeira e biomasa, castaña e resina, valor engadido na primeira transformación da madeira, e plans e ferramentas de xestión empresarial

16/08/2024 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola internacionalización ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios

A liña, que busca incentivar accións de promoción exterior, ven incrementado o orzamento en preto de 300.000 euros chegando case a 1,6M€

16/08/2024 | 13:12 | C. de Facenda e Administración Pública

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia ofrece información sobre máis de 350 empresas e 1.300 produtos e servizos

O directorio do centro tecnolóxico GaiasTech ten rexistradas 78 tecnoloxías desenvolvidas por empresas galegas

13/08/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que as empresas galegas poden seguir solicitando os apoios abertos para microformacións específicas axustadas ás súas necesidades

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou o centro Saraiva Sénior, compañía beneficiaria do Bono Talento Empresa