Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta anima a intensificar a colaboración público-privada no sector forestal galego a prol da valorización das frondosas
José González definiu esta liña de traballo como un “reto de futuro”, tendo en conta “a importancia que estas masas arbóreas teñen no territorio, na prevención de incendios, na sustentabilidade e na biodiversidade dos nosos montes”
A Xunta destina 800.000 euros en axudas para impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se recollen as bases reguladoras da convocatoria de 2024, que subvencionará proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado e promovan este eixe estratéxico da economía galega
O Simposio Internacional de Frondosas aborda na súa segunda xornada a resiliencia e o cambio climático dentro do sector forestal
O foro, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, arrancou esta mañá da man da investigadora finlandesa Pekka Ritvanen, cun relatorio sobre a densificación e o termotratamento para a construción con bidueiro
A Xunta pon en valor no simposio internacional de frondosas o intercambio de coñecemento para seguir potenciando a innovación no sector forestal
O congreso foi inaugurado esta mañá polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e celebrarase ata o venres na sede da UNED en Lugo
A Xunta alleou 32 lotes de madeira por 2,37 M€, nunha poxa pública electrónica de madeira celebrada na Xefatura territorial de Lugo
Os importes acadados nesta poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores edicións, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente
O DOG convoca as probas físicas e de agudeza visual para os integrantes de determinadas categorías e escalas do servizo de prevención de incendios da Xunta
Na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia explícanse todos os detalles sobre datas, horarios e requisitos que deben cumprir os aspirantes
A Xunta destinou 290.000 € na construción de catro novos puntos de auga na provincia de Ourense, para a prevención e defensa contra os incendios forestais
As actuacións, rematadas a finais de 2023, leváronse a cabo nos distritos forestais XI (O Ribeiro-Arnoia), en Avión e San Cristovo de Cea; XII (Miño-Arnoia), en Nogueira de Ramuín; e XIV (Verín-Viana), en Verín
A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan un convenio, dotado con 600.000 euros, para avanzar na prevención de incendios forestais na provincia
O orzamento deste protocolo anual de colaboración será aportado a partes iguais polas administracións asinantes, para realizar actuacións conxuntas dirixidas á conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal