Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

14/07/2025 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a redacción do proxecto para mellorar a mobilidade e seguridade dos peóns na estrada AC-523 en Ledoño, en Culleredo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé que o proxecto poida estar redactado a finais deste ano co fin de licitar e executar as obras en 2026

13/07/2025 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a licitación para as obras de mellora do complexo de atención a menores de Ferrol

O Executivo galego destina preto de 100.000 euros para as actuacións que suporán o cambio da cuberta e dos elementos de recollida de auga, así como a renovación do muro exterior

13/07/2025 | 10:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibiu 5 ofertas para a execución das obras de humanización da Praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga

A actuación, que foi licitada por preto de 120.000 euros, enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza da Igrexa

12/07/2025 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata en Pontevedra as sendas de Xeve, cunha lonxitude de 2,5 km e un investimento de 2,4 M€

A conselleira destacou a colaboración de Stop Accidentes no deseño da actuación realizada, froito do convenio que a Xunta mantén co colectivo para promover contornas escolares seguras, así como a implicación do centro escolar, co que se consensuou a intervención

11/07/2025 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/07/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesario o corte de tráfico no enlace da Ramallosa a partir deste luns, 14 de xullo

Pecharase o treito entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa e o tráfico desviarase cara á estrada AC-841 por unha estrada de titularidade da Deputación da Coruña

11/07/2025 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do novo treito da autovía Tui-A Guarda entre o enlace do polígono de Areas e a PO-350, nas que inviste case 18 M€

A conselleira subliña o compromiso da Xunta para ir sumando quilómetros nas vías de altas prestacións “cunha planificación ben estudada e coa necesaria dotación de recursos”

11/07/2025 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta cumpre o seu compromiso con Vigo para construír o futuro Instituto Domingo Villar de Navia

O conselleiro de Educación, acompañado pola delegada da Xunta, visita o parcela onde se levantará este edificio educativo, “chamado a ser unha referencia en Galicia e tamén en España”, cun investimento de case 20 M€

11/07/2025 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a execución da mellora de 165 paradas de autobús nas estradas autonómicas de case unha trintena de concellos cun investimento de case 6 M€

As intervencións inclúen a dotación de marquesiñas, na mellora da accesibilidade con ramplas e información en braille e no incremento da visibilidade e iluminación

11/07/2025 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 11,6 M€ a construción do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames

Trátase do primeiro centro construído en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico