A Xunta recibiu 5 ofertas para a execución das obras de humanización da Praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga

A actuación, que foi licitada por preto de 120.000 euros, enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza da Igrexa

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2025

A Xunta recibiu 5 ofertas para a execución das obras de humanización da praza da Igrexa, situada no núcleo urbano do concello de Rairiz de Veiga, por importe de 118.700€.

Esta intervención enmárcase no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas.

As actuacións que se levaran a cabo no entorno da Igrexa parroquial de San Xoán no núcleo urbano do municipio ourensán permitirán a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza. Os traballos terán un prazo de execución de 3 meses.

De acordo ao convenio asinado no marco do Plan Hurbe, a Xunta asumirá o 70% do investimento total das intervencións, e o Concello o 30% restante.

Data de actualización: 13/07/2025